LugoPatrimonio :: Asociación Cultural

Martes día 7, ás 20 horas no salón de actos da Deputación Provincial comeza o Ciclo dedicado ao Renacemento coa conferencia de Domingo González Lopo, profesor de Historia Moderna da USC. "A reforma tridentina en Galicia: métodos e consecuencias".

Día 20 ou 27 de xaneiro, martes, ás 20 horas.
Salón de actos da Deputación Provincial.

Conferencia de Carlos L. Bernárdez, "Xesús Corredoyra e a súa obra"

O día 17 de xaneiro de 2017, o profesor da Universidade de A Coruña, Uxío Breogán Diéguez Cequiel, doutor en Historia pola Universitat de Barcelona e especialista en Historia do nacionalismo galego, abriu o curso deste ano cunha conferencia sobre "As Irmandades da Fala" cono motivo do centenario da súa creación. Despois de ser presentado pola vicepresidenta Branca Rodríguez Pazos, abordou a orixe destes colectivos que nun primeiro momento reivindicaban a lingua, para falar despois dos persoeiros que as promoveron e dotaron de esencia política, así como a súa preocupación polo ensino en galego. Fixo mención as diversas asembleas, entre elas a primeira celebrada en Lugo en novembro de 1918 na se sentaron as bases ideolóxicas do futuro nacionalismo galego presentadas nun manifesto.

Día 24 de xaneiro, martes, ás 12 horas.
Sede Afundación Lugo, Praza Maior, 16.

Visita guiada á exposición , "Xesús Corredoyra e o simbolismo na pintura galega"

Día 17 de xaneiro, martes, ás 20 horas.
Salón de actos da Deputación Provincial.

Conferencia de Uxío Breogán Diéguez, "As Irmandades da Fala".

Domingo, 15 Xaneiro 2017 00:00

ASEMBLEAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

O día 10 de xaneiro de 2017 celebrouse a asemblea anual ordinaria na que o presidente Adolfo de Abel Vilela fixo o balanzo das actividades desenvolvidas ao longo do ano 2016: catro ciclos de conferencias dedicados ao poeta Manuel María, ao Camiño Primitivo, a San Froilán e á Ribeira Sacra. Houbo unha xornada de reflexión e debate sobre o estado e destino do Cuartel de San Fernando e unha mesa redonda conmemorativa dos 30 anos de escavacións sistemáticas na cidade de Lugo. En total houbo 17 conferencias, participando 20 conferenciantes, houbo un concerto de A Quenlla, fixéronse 9 viaxes e 3 mesas redondas.
Tamén se someteu a aprobación a programación para o ano 2017. Haberá dous ciclos, un dedicado ao Renacemento, con viaxes a Santiago de Compostela, Úbeda e Baeza, e outro aos Indianos, con viaxes pola Mariña lucense, e Asturias. Esta previsto viaxar a Cuéllar para visitar a exposición "Reconciliare" de Las Edades del Hombre. Como actividades soltas hai programadas unha conferencia sobre As Irmandades da Fala. o pintor Xesús Corredoyra, con visita guiada á exposición "Xesús Corredoyra eo simbolismo na pintura galega", e ao médico, escritor e poeta Xesús Rodríguez López no cen aniversario da súa morte.
Na asemblea extraordinaria procedeuse á modificación nos estatutos do domicilio da Asociación e a elección de tesoureiro por renuncia de José Ángel Lence Iglesias. Resultou elixida María Julia Cantalapiedra Álvarez.

Martes, 10 Xaneiro 2017 00:00

Asembleas Xeral Ordinaria e Extraordinaria

Día 10 de xaneiro, martes, ás 20 horas.
Salón de actos da Deputación Provincial.

Asembleas Xeral Ordinaria e Extraordinaria.

Xoves, 22 Decembro 2016 00:00

CONSEGUÍRONO

 Adolfo de Abel Vilela
 Presidente de Lugo Patrimonio

Por fin xa o conseguiron, ou o conseguimos entre todos. O 6 de outubro de 2015 alertábase desde estas páxinas dos actos vandálicos que sufría a fonte de San Vicente, o icono turístico de Lugo, ilustrado con fotografías facilitadas por un veciño que manifestaba "Ata que tiren con San Vicente e esmaguen a fonte non van parar", e así ocorreu. O dano causado é irreparable e xa que logo chegou a hora de buscar aos culpables da acción e da omisión.
Da acción, porque o que o fixo, ou os que o fixeron, son delincuentes por cometer un delito contra o patrimonio, contemplado no artigo 324 do Código Penal.
Da omisión os responsables somos todos, por crear unha sociedade conformista, silenciosa e excesivamente permisiva que deu lugar a unha mocidade sobreprotexida que con actos como este demostra non ter sentido cívico, cultura e responsabilidade. Non ten xustificación que uns mozos que desde o parvulario ata os 18 anos reciben unha formación, teñan estes comportamentos. Estamos ante un fracaso colectivo que debería facernos pensar porque ocorre isto.
Reitero o que escribín o 30 de xuño deste ano sobre o problema das pintadas, a rotura de cristais e as mexadas na contorna da catedral. Ademais do anterior é un problema de falta de vixilancia da Policía Local e Nacional as noites dos xoves, venres e sábados, entre a 1 e as 7 da mañá.
Algúns dos cidadáns que estamos fartos destes comportamentos esperamos unha explicación, á que creo que temos dereito, dos responsables dos corpos mencionados. É da súa responsabilidade tomar as medidas coordinadas que consideren oportunas para evitar a repetición destes actos vandálicos e delictivos. Non se debe seguir mirando para outro lado.
E a oposición municipal, que todos os días denuncia deficiencias ou carencias que nunha empresa mediana non pasaría do xefe de mantemento, e o Concello é unha empresa grande, faría ben en sentar co grupo de goberno e consensuar o que se debe facer, porque por riba do interese partidario está o colectivo ao que todos se deben.

Xoves, 22 Decembro 2016 00:00

FESTA ANUAL DOS SOCIOS 2016

Como xa é habitual, o 17 de decembro celebramos a festa anual cos socios para pechar as actividades do ano 2016. Nesta ocasión viaxamos ao concello de Láncara, onde visitamos a casa de Ángel Castro Argiz, pai dos presidentes de Cuba Fidel e Raúl Castro, a ponte medieval de Carracedo e a área recreativa. A reunión tivo lugar na Casa gran

Día 17, sábado

Reunión anual de confraternidade na Casa de Láncara

Saída ás 10 horas

Visitas ao miradoiro, ponte medieval de Carracedo, área recreativa, pazo de Láncara e casa de Ángel Castro Argiz, pai de Fidel e Raúl Castro. Actuación do monologuista Lois Pérez e o grupo Os Miñotos. Prezo 30 €.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López +

    Día 21, sábado Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López. Saída ás 9,00 h. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe do día 25 de outubro a Santa Eulalia de Bóveda, Museo etnográfico da Torre de Xiá (Narla) e aos Baños romanos de Lugo +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, Ler Máis
  • Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, profesor titular na UDC sobre “O galego-portugués herdeiro do latín” +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, Ler Máis
  • 1

Faite Socio

Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.

Ver +info

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO